En 1929 encárgaselle a Luís R. Alonso a realización dun documental que recolla unha visión de Galiza con motivo da Exposición Iberoamericana que terá lugar en Sevilla ese mesmo ano. A repentina morte do seu autor o 12 de decembro de 1929 deixa a peza inacabada. Montada de forma secuencial uns anos mais tarde por un grupo de intelectuais afíns será proxectada duas veces nun cine de Vigo e Pontevedra. Abandoada nos archivos dunha productora madrileña durante máis de medio siglo, a cinta será recuperada nos incios do Centro Galego de Artes da Imaxe para ser restaurada e editada en finalmente en video.

Con máis de tres mil metros de celuloide, resultado de dous meses de rodaxe, no documental aparécellenos un país infestado de paisaxes e monumentos, convertíndose así nun testemuño fílmico único, polo que ten de documento temperán dunha xeografía e a súa paisaxe nunca antes retratada de forma tan completa, así como por ser o primeiro intento de promoción turística dun país virxe de tal efecto.

Ante esta viaxe iniciática, onde  case oitenta anos despois a paisaxe e os seus monumentos son xa o reclamo global dunha xeografía que vende e promove unha idea de país, proponse revisitar, percorrer de novo os mesmos lugares, porse exactamente no mesmo punto onde o operador parouse coa sua cámara para así comparar o que de verdade é.

É así un guión preescrito de dobre deriva, tanto xeográfica como da memoria, que nos serve para reflectir un pasado e un presente en permanente cambio. Xa que fronte á tendencia de ver a paisaxe como referente nostálxico, estético e formal dun país, coa comparativa oponse unha reflexión sobre o que significa ocambio, sobre ata que punto a verdade dun territorio baséase nesa falsa inmutabilidad dun ambiente mediatizado ou na súa propia transformación. E a pesar de que nos alaga un certo sentimento de perdida de identidade, ante a pretendida autenticidade dunha terra contada, ou tal vez  porque a paisaxe como tal xa non está -simplemente é-, inicamos este proxecto en permanente proceso de onde, conscientes de elaborar unha figura culta, xorden diferentes imaxes, mapas, paísaxes e notas que narran a experiencia dunha nova viaxe sen fin, en permanente deriva.

por Pablo Gallego Picard

En 1929 se le encarga a Luís R. Alonso la realización de un documental que recoja una visión de Galicia con motivo de la Exposición Iberoamericana que tendrá lugar en Sevilla ese mismo año. La repentina muerte de su autor el 12 de diciembre de 1929 deja la pieza inacabada. Montada  de forma secuencial por un grupo de intelectuales afines será proyectada dos veces en un cine de Vigo y Pontevedra. Abandonada en los archivos de una productora madrileña durante más de medio siglo, la cinta será recuperada en los incios del Centro Galego de Artes da Imaxe para ser restaurada y editada finalmente en video.

Con más de tres mil metros de celuloide, resultado de dos meses de rodaje, en el documental se nos aparece un país plagado de paisajes y monumentos, convirtiéndose en un testimonio fílmico único, por lo que tiene de documento temprano de una geografía y paisajes nunca antes retratada de forma tan completa, así como por ser el primer intento de promoción de un país virgen de tal efecto.

Ante este viaje iniciático, donde casi ochenta años después el paisaje y sus monumentos son ya el reclamo global de una geografía que vende y promueve una idea de país, se propone revisitar, recorrer de nuevo los mismos lugares, ponerse exactamente en el mismo punto donde el operador se paró con su cámar para así comparar lo que de verdad es.

Es así en un guión preescrito de doble deriva, tanto geográfica como de la memoria, que nos sirve para reflejar un pasado y un presente en permanente cambio. Ya que frente a la tendencia de ver el paisaje como referente nostálgico, estético y formal de un país, con la comparativa se opone una reflexión sobre el cambio, sobre hasta que punto la verdad de un territorio se basa en la falsa inmutabilidad de un ambiente mediatizado o en su propia transformación.  Y a pesar de que nos inunda un cierto sentimiento de perdida de identidad, ante la pretendida autenticidad de una tierra contada, o tal vez sea porque el paisaje como tal ya no está -simplemente es-, iniciamos este proxecto en permanente proceso de donde, conscientes de elaborar una figura culta, surgen diferentes imágenes, mapas, paisajes y notas que narran la experiencia de un nuevo viaje sin fin, en permanente deriva. 

por Pablo Gallego Picard